Aprazada por reclamacións a constitución do goberno de nova Cámara de Comercio
Por Redacción
A celebración do Pleno de constitución do novo goberno corporativo da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, prevista para este martes día 1 de marzo, foi aprazada ata nova data debido á existencia de dúas reclamacións que afectan ás vocalías proclamadas para a formación do mesmo.
Segundo informaron fontes da entidade cameral, a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, órgano tutelante das Cámaras de Comercio en Galicia, tomou a decisión de aprazar a celebración do Pleno ata que poida estudar e resolver ditas reclamacións, co obxectivo de que non afecten á sesión constitutiva.
O pasado mes de decembro, a Xunta deu a súa visto e prace á fusión de tres das catro Cámaras de Comercio da provincia de Pontevedra, a excepción de Tui.
A nova institución acollerá a 80.000 empresas dos 55 concellos que a compoñen.
Relacionadas:
-
A falta de apoio dos empresarios á nova Cámara de Comercio deixa a Pontevedra con só oito vogais
Por Natalia Puga |
-
Malestar entre o tecido empresarial pola "pérdida de peso" de Pontevedra na nova Cámara de Comercio fusionada
Por Redacción |
-
Pontevedra quedará cun "punto de atención ao público" tras o traslado a Vigo da Cámara de Comercio
Por Oskar Viéitez |