Ethel Vázquez supervisa en Cotobade varios proxectos de accesibilidade e seguridade viaria
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou unha visita ao concello de Cotobade para abordar unha serie de proxectos de accesibilidade e seguridade viaria. "Son obras que redundarán en maiores servizos e na mellora da calidade de vida dos 4.300 veciños de Cotobade", sinalou Vázquez, quen estivo acompañada do alcalde, Jorge Cubela e do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
No que incumbe a actuacións xa executadas no municipio, a Xunta terminou recentemente a renovación da travesía de Carballedo -ao longo de case un quilómetro-, e onde se investiron case 83.000 euros na execución de novas beirarrúas, pasos de peóns, accesos a garaxes e mellora do deseño de interseccións.
Doutra parte, en canto a actuacións a executar, a Xunta contempla licitar en breve a mellora da seguridade da estrada provincial PO-232 entre San Xurxo e Carballedo, proxecto no que se investirán preto de 100.000 euros.
O alcalde, Jorge Cubela, tamén lle expuxo as melloras que require a estrada provincial PO-234 entre Cotobade e Ponte Caldelas por Aguasantas. Respecto diso, a conselleira remitiulle a definir e priorizar os tramos nos que sexa necesario actuar.
Relacionadas:
-
Cubela pídelle aos veciños que cedan terreos para ensanchar a estrada Aguasantas-Laxoso
Por Redacción |
-
Andrés Díaz acusa á conselleira de infraestruturas de "demagoga" coa estrada Laxoso-Augasantas
Por Redacción |
-
Os veciños de Augasantas demandan o ensanche da estrada PO-234 a Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Comeza en Carballedo a renovación das beirarrúas na PO-233
Por Redacción |