A Xunta avanzará na licitación da reforma da PO-234 antes de que remate o ano
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O goberno galego promete licitar a segunda fase das obras da estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso este mesmo ano e o terceiro tramo, entre Laxoso e Portasouto durante o ano que vén. Así llo trasladou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, aos representantes da plataforma veciñal de afectados.
A xuntanza entre ambas partes produciuse só uns días despois de que a plataforma solicitara unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
A plataforma agarda que, desta vez, a Xunta cumpra con veciños pois recordan que a estrada leva prometéndose "reiteradamente dende o ano 2007" e os compromisos foron "sistematicamente incumpridos" ata o día de hoxe "sen a menor explicación".
Os veciños trasladaron que non entran na fórmula que se utilice para a cofinanciación das obras, aínda que o delegado da Xunta informoulles que en breve será asinado o convenio proposto polo Concello de Ponte Caldelas, polo que achega 40.000 euros, cifra superior ao importe das expropiacións necesarias.
O colectivo entende que unha vez que o Concello puxo esta oferta enriba da mesa non hai ningunha razón para seguir adiando a solución a un grave problema de seguridade viaria nas curvas de Laxoso.
Ademais, a plataforma rexeita "calquera intento de utilización partidista" dunha loita veciñal que "leva xa moitos anos en pé". Por este motivo, o candidato do PP á Alcaldía de Ponte Caldelas, Antón Xil, foi expulsado da xuntanza, xa que "non é nin veciño de Laxoso ou de Augasantas", nin pertence a ningunha asociación relacionada coas obras da PO-234.
Esta versión foi matizada polo propio Antón Xil, que asegura que asistiu por invitación dos veciños no transcurso dunha primeira reunión mantida o pasado mércores en Laxoso. Ante a petición que fixo a plataforma de que non estivera presente na xuntanza, ao non ser cargo electo nin representante de ningún colectivo, decidiu saír por vontade propia "para non ser motivo de discordia".
O candidato do PP asegurou que o seu cometido estaba cumprido co feito de que se desbloqueara a situación e se puidera retomar pola vía do diálogo e o entendemento o arranxo da PO-234. "O importante non é quen se pon as medallas. As medallas que sexan para outros, o arranxo da estrada, para os veciños, que é o realmente importante nesta cuestión", explicou nun comunicado.
Relacionadas:
-
A mellora da estrada entre Ponte Caldelas e Laxoso, licitada por 650.000 euros
Por Redacción |
-
A Xunta inicia as expropiacións para a mellora da PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
A Xunta aprobará en novembro as expropiacións para reformar a PO-234 en Laxoso
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide á Xunta incluír unha senda peonil e ciclista na PO-234
Por Redacción |
-
Completan unha nova rede de pluviais na estrada entre Vilarchán con Contixe
Por Redacción |
-
A plataforma da PO-234 reactívase "diante dos incumprimentos da Xunta"
Por Oskar Viéitez |
-
Nova actuación de mellora da seguridade viaria na PO-234, no único acceso a Portasouto
Por Redacción |
-
A PO-234 gaña en seguridade viaria cunha nova beirarrúa no seu tramo urbano de Ponte Caldelas
Por Redacción |