Cotobade mellora os accesos a núcleos rurais
Por Redacción
Seis camiños das parroquias de Borela, Valongo, Loureiro, Santa María de Sacos e Tenorio de Cotobade foron reformados dentro das obras do Plan Marco de mellora de camiños de acceso a núcleos rurais.
Os traballos, segundo informa o Concello de Cotobade, consistiron na limpeza enerxética de superficie do pavimento mediante cepillo de arame e a aplicación de novas capas de rodaxe. Desta forma, melloráronse un total de case dous quilómetros de camiños rurais no Concello de Cotobade, afectando a máis de 200 veciños que contarán cun viario de acceso a leiras e lugares.
Ademais tamén se realzaron tapas de rexistro e levou a cabo o repintado horizontal dos camiños. Os técnicos da Consellería do Medio Rural certificaron estas obras. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria, executándose ensanches e pavimentacións nestes viarios.