Avanza a reforma integral da Casa Escola e a canalización de augas no Cádavo
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, acompañado do tenente alcalde, Fernando Vázquez, visitou as obras que o goberno local puxo en marcha no lugar do Cádavo, despois de atender as peticións feitas polos veciños e a directiva da comunidades de montes nunha reunión o pasado mes de abril.
Na visita, mantiveron unha reunión cos veciños do lugar para valorar o desarrollo das obras e as cousas a perfilar sobre a execución.
As obras están consistindo na rehabilitación total da Casa Escola, no proxecto global emprendido polo goberno local para a recuperación de todas as casas do pobo, e diversas canalizacións de augas a través de cunetas, cuxo obxectivo é impedir que pola escorrentía asolaguen bens inmobles.
As obras da Casa Escola consisten no cambio de cuberta, un novo solo, cintado de paredes, eliminación de humidades e pintado de paredes.
As obras suporán un investimento de 60.000 euros, que se completará coa pavimentación con aglomerado en quente de dous viais municipais de acceso ás vivendas.
PARQUE INFANTIL DE PAZOS DE BORELA
Ademais, as obras da área recreativa de Pazos de Borela están a piques de rematarse.
A área disporá dun completo parque infantil e dous aparatos para ximnasia para maiores. A obra supón un investimento de 37.000 euros.