O PP aclara que "estamos a favor" dos lombos, incluso en vías sanitarias, se son "legales"
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular quixo aclarar este martes o "mensaje falso" que, na súa opinión está a difundir o BNG con respecto á súa postura sobre os lombos instalados na cidade. O edil José Luís Martín afirmou que os populares "estamos a favor" deste tipo de badéns como medida "eficaz" para reducir a velocidade do tráfico e mellorar a seguridade viaria, pero matizou que a condición de que "sean legales", axustándose á normativa existente.
"El PP no propone eliminar lombos ni estamos en contra del modelo urbano", afirmou José Luís Martín, que mesmo afirmou que con respecto ás vías sanitarias 'libres de lombos' que se aprobaron no pasado Pleno municipal, non sería unha medida "tajante" e estarían dispostos a admitilos se cumpren as características que marca o Ministerio de Fomento, entre elas, a súa altura e a súa pendente ou que non haxa dous lombos en menos de 50 metros.
Neste sentido, reiterou que existen outras alternativas para garantir a seguridade dos veciños nestes viarios como "semáforos con radares". Así llo trasladarán, en primeiro lugar, aos veciños de Os Campos, xa que aínda que non foron convidados polo goberno municipal a asistir a este encontro acudirán a expoñer a súa postura, para evitar que "sigan manipulando a la cidadanía" con respecto á postura do PP.
Os populares reiteran que Pontevedra necesita unha regulación específica sobre os lombos, algo que non existe, din, a pesar de que o primeiro destes badéns instalouse na cidade no ano 2003. Martín lembrou que a normativa municipal de circulación do Concello de Pontevedra data do ano 1989, polo que insistiu na necesidade de aprobar unha ordenanza que controle a instalación de lombos no centro urbano.
Ademais, o edil popular criticou estes encontros que está a promover o BNG entre os veciños porque busca, sinala, "incumprir un acuerdo plenario". Lembrou que en maio os pontevedreses elixiron os seus representantes na corporación "y aunque le pese, Lores no logró la mayoría necesaria para poder tomar decisiones en solitario", polo que debería cumprir o aprobado no Pleno, dixo, "porque representamos a la mayoría de los ciudadanos".
Relacionadas:
-
O PP quere "cortar la sangría" de lombos regulándoos segundo a normativa de Fomento
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello alerta de que se detectan vehículos circulando a 120 km/h polos Campos
Por Redacción |
-
En Os Campos din 'si' aos lombos
Por Alejandro Espiño |
-
Luís Bará non quere que a súa reunión cos veciños de Monte Porreiro se converta noutro pleno
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG, disposto a preguntar barrio por barrio se os veciños queren retirar os lombos
Por Redacción |
-
O PP elaborará unha ordenanza que regule as características dos lombos
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |