Un bebé de sete meses, trasladado ao hospital pola mala combustión dunha estufa
Por Redacción
A mala combustión dunha estufa foi a causa pola que un bebé de tan só sete meses de idade tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario de Pontevedra. Permaneceu en observación durante horas, pero recibiu a alta hospitalaria tras comprobar que o seu estado non revistía gravidade.
O suceso tivo lugar na rúa Paio Gómez de Soutomaior de Pontevedra, pasadas as 22.00 horas deste sábado e a súa hospitalización debeuse pola continua inhalación de monóxido de carbono. Igual que el, outros dos menores de 9 e 6 anos presentaban unha intoxicación leve.
Segundo explicaron fontes do servizo de urxencias 112 Galicia, pese a que outros membros da familia atopábanse tamén no mesmo lugar, non sufriron as consecuencias do monóxido de carbono.
Os Bombeiros de Pontevedra deron por solucionado o suceso tras ventilar toda a vivenda.