Intoxicado un home por monóxido de carbono en Campañó
Por Redacción
O vento xogoulle unha mala pasada a un veciño do lugar de Cochón en Campañó que na tarde do domingo tivo que ser evacuado de urxencia a un hospital tras sufrir unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono.
Segundo explicaron os Bombeiros de Pontevedra este suceso produciuse ás seis da tarde. O quentador da vivenda estaba aceso, e o vento fixo que regresasen á habitación os gases que o aparello expulsaba ao exterior.
Nas súas medicións os bombeiros constataron que a presenza de monóxido de carbono triplicaba os niveis normais.