Unha anciá e un neno de Barro intoxicados pola mala combustión dunha estufa
Por Redacción
Unha muller de 76 anos e a un menor de 13 foron trasladados de urxencia ao hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de gas, segundo informaron fontes do 112 e dos bombeiros do Salnés.
Os bombeiros recibiron o aviso ás 20.40 horas do sábado e, unha vez no punto, comprobaron que na vivenda, de carácter unifamiliar e situada no lugar de Couso, produciuse unha mala combustión do quentador de butano.
Os efectivos de urxencias sanitarias trasladaron a María S.M. ao Hospital de Montecelo e ao neno, Isidoro M., ao Hospital Provincial.