Abren o prazo de inscrición para colaborar como voluntarios na Festa do Marisco do Grove
Por Redacción
A partir deste mércores comezará o prazo para que aquelas persoas que queiran colaborar coa Festa do Marisco do Grove se inscriban no listado de voluntarios.
Nesta ocasión será requisito imprescindible estar no paro xa que non poderán participar aquelas persoas que conten con contrato de traballo.
A solicitude, que poderá ser presentada no rexistro do Concello no horario habitual de funcionamento, deberá ir acompañada do documento acreditativo de demandante de emprego e consignaranse datos relativos a situación socio-económica do solicitante.
Deste xeito o Concello do Grove pretende garantir unha maior racionalidade á hora de reverter os recursos públicos.
A inscrición ábrese para todos os postos que se cobren con voluntarios: limpeza, caixas, cociña, turismo, etc... Para poder facer a mellor distribución do persoal inscrito tamén se solicita información relativa á formación e experiencia.
O Concello reitera, tal e como fora indicado nas reunións cos veciños, que se tentará facer correccións neste modelo de traballo buscando as contratacións temporais de persoal para traballar na festa, garantindo un sistema de selección completamente obxectivo e que supoña unha pequena axuda laboral para persoas en situación de desemprego.
Relacionadas:
-
Adxudicado o servizo de cafetería da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Javier Olleros, Miguel Muñíz, Transportes Cameselle e as conserveiras do Grove, premios "Centola de Ouro"
Por Redacción |
-
As carpas para a Festa do Marisco do Grove comezarán a instalarse o luns
Por Redacción |
-
ÿ caro o marisco na Festa do Grove?
Por Redacción |
-
Fernandisco, pregoeiro da Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |