ÿ caro o marisco na Festa do Grove?
Por Redacción
Veciños e visitantes acoden dilixentes á cita anual coa Festa do Marisco do Grove para degustar algunha das corenta racións diferentes ou o menú de mariscada.
Ainda que os prezos mantéñense respecto ao ano pasado son moitas as queixas recollidas por ser éstes moi elevados ou pola escaseza das racións.
O prato estrela o arroz de marisco custa 5,50 euros. O polbo á feira véndese por 9 ou 13 euros, dependendo do tamaño do prato; as navallas á prancha, a 7 euros; a ostra plana, a 4,70 euros a porción de seis unidades, e as croquetas de marisco e mexillón, con 10 unidades por 4,90 euros.
Aqueles que elixan a porción de camarón grande terán que pagar 10,50 euros e 10 euros polas cigalas á prancha, o mesmo prezo que o espeto de lagostinos e a vieira.
A "Mariscada do Grove", pensada para dúas persoas e que inclúe mexillóns ao vapor, ameixas á mariñeira, un lumbrigante, dúas vieiras ao forno, seis lagostinos, unha botella de viño albariño, pan e sobremesa costa 60 euros. Se elixe esta opción recorde que é necesaria reserva previa.