O PSOE quere que o alcalde dea explicacións da súa reunión con Feijóo na xunta de voceiros
Por Oskar Viéitez
O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, solicitou unha reunión urxente da Xunta de voceiros, co obxecto de que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, proceda a explicar a proposta de acordo con Sogama para o pago da débeda asi como os asuntos que foron tratados na entrevista co presidente da Xunta.
Segundo Agustín Fernández a Xunta de Portavoces "non pode ser un simple instrumento que se reuna para establecer unha orde do día" senón que "debe ser un órgano de consenso e valoración e tamen de aportación de propostas que reforcen o papel de Pontevedra no contexto nacional e estatal".
O voceiro socialista cre que "ata o de agora o alcalde Lores e o BNG seguen pechados na sua aldea mental e fanlle un fraco favor aos milleiros de persoas que confiaron neles para gobernar".
Nesta liña o grupo municipal do PSdeG cre que o alcalde está "obrigado a dar conta do tratado co presidente " e valorar co resto dos portavoces os acordos acadados.
Relacionadas:
-
Os voceiros municipais só se puxeron de acordo para desconvocar o Pleno de agosto
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta que o superávit municipal teña que ir destinado a pagar o primeiro prazo da débeda con Sogama
Por Redacción |
-
Pontevedra pagará a metade da débeda de Sogama este ano e o resto en 2016
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo e Lores chegan a un principio de acordo para pagar a débeda con Sogama
Por Oskar Viéitez |