Medio Ambiente inicia as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente puxo en marcha as obras de mellora do abastecemento a Marín, que executa a sociedade estatal Aguas das concas de España (Acuaes), e que contan cun presuposto de 3,3 millóns de euros.
Estes traballos forman parte das actuacións que o Ministerio está a acometer para mellorar o abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría, cuxo investimento total ascende a 39,9 millóns de euros, financiados nun 85% polo Ministerio -a través de Acuaes e coa axuda dos Fondos FEDER da Unión Europea-, e no 15% restante polos cinco concellos beneficiados.
O proxecto do Eixe de Marín consiste na construción de dous novos tramos de distribución de auga: o primeiro, de adución ao novo depósito a executar en Pardavila, de 2.000 metros cúbicos de capacidade; e o segundo, de conexión coa rede de Marín xa existente.
O tramo de adución, de 4.216 metros de lonxitude e un diámetro de 400 mm, terá a súa orixe na última fase da obra correspondente ao proxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría correspondente á marxe esquerda, que actualmente se encontra en execución.
Mentres, o tramo de distribución, de 3.475 m de lonxitude e un diámetro de 400 mm, se iniciará no depósito de Pardavila e finalizará na rede de abastecemento de Marín, nas proximidades de Seixo. Os traballos tamén inclúen a conexión do depósito de Cadrelo.
Os labores de colocación da canalización no tramo correspondente á condución de adución comezaron xa, mentres que nas próximas semanas se iniciarán os traballos correspondentes ao tramo de distribución.
Relacionadas:
-
Avanzan a bo ritmo as obras en Marín para mellorar o abastecemento de auga na Ría
Por Redacción |
-
O BNG de Marín insta ao goberno local a cumprir coa obriga de dar auga a todos os veciños
Por Redacción |
-
Critican ao Concello de Marín por chorrear as rúas con auga potable mentras os veciños sofren restriccións
Por Redacción |
-
O goberno local de Marín non ten solucións inmediatas para resolver o problema da falta de auga en Seixo
Por Redacción |
-
O martes 12 levantarase a acta de ocupación dos terreos expropiados para as obras de Acuaes
Por Oskar Viéitez |
-
O reasfaltado do nó de Bombeiros provoca grandes atoamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Acuaes adxudica por 3,3 millóns de euros as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |