Acuaes adxudica por 3,3 millóns de euros as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción
O Consello de Administración da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente adxudicou, por 3.332.386 euros, as obras do eixo de Marín, que forman parte da actuación de "Mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría", cuxo investimento total ascende a 39,9 millóns de euros.
A empresa adxudicataria foi Ortiz, Construcciones y Proyectos, S. A.U., que terá un prazo de 8 meses para executar os traballos.
As obras do eixe de Marín consisten na construción de dous novos tramos de distribución de auga: o primeiro, de adución ao novo depósito a executar en Pardavila, de 2.000 metros cúbicos de capacidade; e o segundo, de conexión coa rede de Marín xa existente.
O tramo de adución, de 4.216 metros de lonxitude e un diámetro de 400 milímetros, terá a súa orixe na última fase da obra correspondente ao proxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría correspondente á marxe esquerda, que actualmente se encontra en execución.
Mentres, o tramo de distribución, de 3.475 metros de lonxitude e un diámetro de 400 milímetros, se iniciará no depósito de Pardavila e finalizará na rede de abastecemento de Marín, nas proximidades de Seixo. Os traballos tamén inclúen a conexión do depósito de Cadrelo.
Relacionadas:
-
Avanzan a bo ritmo as obras en Marín para mellorar o abastecemento de auga na Ría
Por Redacción |
-
Medio Ambiente inicia as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Acuaes recibe 37 ofertas para as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
As obras do novo abastecemento de auga de Pontevedra van "moi avanzadas"
Por Redacción |