Avanzan a bo ritmo as obras en Marín para mellorar o abastecemento de auga na Ría
Por Redacción
Tras completar as obras da marxe dereita da ría, o proxecto de mellora do abastecemento de auga en Pontevedra avanza tamén a bo ritmo nos traballos pendentes tanto na capital da provincial como nos municipios de Vilaboa e Marín. Así quedou de relevo na reunión da comisión de seguimento destas obras, celebrada este martes no concello de Pontevedra.
Ademais de repasar as obras executadas en Pontevedra, Poio e Sanxenxo, Acuaes informou sobre os traballos que se están realizando actualmente na marxe esquerda da ría.
En concreto, en Marín están a executarse varios quilómetros de tubaxe e xa se iniciaron as primeiras actuacións na zona do depósito de Pardavila. O máis avanzado, recoñecen desde o goberno municipal, son os quilómetros de tubaxe que discorren case integramente por distintos viarios municipais e provinciais.
Cando a colocación de tubaxe sexa xa practicamente completa e realícense as probas das conducións procederase ao asfaltado dos viarios que foron utilizados para realizar a gabia correspondente e a súa colocación.
En Marín sinalan que estas obras permiten construír un anel que conduza auga en alta e posibilite achegar máis auga aos seus actuais depósitos, así como a construción dun depósito novo con servizos de telexestión e que posibilite unha mellora substancial nun servizo básico como a subministración de auga.
A execución das obras vai conforme ao calendario previsto, estando nestes momentos practicamente todos os tramos en obras. Están a realizarse, lembran desde o Concello de Marín, os controis necesarios, a supervisión e dirección dos mesmos, así como os preceptivos polas zonas que atravesan controis arqueolóxicos necesarios e que corren a cargo dos técnicos do organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente.
Relacionadas:
-
Unha avaría obriga a utilizar por primeira vez o anel de condución de auga entre Pontevedra e Marín de Acuaes
Por Redacción |
-
Este mércores haberá corte de auga en Marín
Por Redacción |
-
Medio Ambiente inicia as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
O martes 12 levantarase a acta de ocupación dos terreos expropiados para as obras de Acuaes
Por Oskar Viéitez |
-
Acuaes adxudica por 3,3 millóns de euros as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |