Free Love Party ateigada de orgullo no Campiño de Santa María
Por Diego Torrado
Unha romaría urbana con degustación de produtos como paella, empanada ou tortilla converteuse no centro da festa Free Love Party del Orgullo organizada polo colectivo de Lesbianas, gais, bisexuais e transexuais (LGBT) no Campiño de Santa María durante este sábado 11.
Decenas de persoas achegáronse por este espazo no que se instalaron postos de venda de diferentes produtos nunha xornada marcada polas altas temperaturas.
Durante toda a tarde, os asistentes puideron gozar da música a través das sesións ofrecidas por distintos Dj's. A partir das 22.00 horas, a celebración do día do orgullo trasladouse a diferentes locais de copas da cidade prolongándose ata moi avanzada a noite cunha divertida festa na Sala Karma.
Este evento inclúese dentro das actividades que o Concello de Pontevedra promove en apoio a este colectivo.