Xa está na rúa o programa das Festas de verán
Por Redacción
O Concello de Pontevedra sacou á rúa o programa das Festas de verán no que se aglutinan todos os eventos de lecer e festivos que se desenvolverán no municipio dende o próximo día de San Bieito até a Feira Franca, ambos incluídos.
Como en anos anteriores, o programa ofrece unha portada para as Festas de Verán e outra para a programación da semana grande de festas, a Peregrina.
O Concello editou 40.000 exemplares que se poden recoller tanto nas distintas sedes municipais como nas oficinas de turismo da cidade.
A Concellaría de Festas xa ten todo listo para o inicio das primeiras celebracións do verán. O San Bieito, o Memorial Ricardo Portela e as celebracións do Orgullo son os que centran esta fin de semana.
SAN BIEITO
Ao respecto do San Bieito prodúcese unha novidade ao respecto de anteriores edicións. Non haberá mexilloada popular dado que o mexilón está en veda, polo que será substituído por empanada. A programación do San Bieito deste ano é:
- 10.30 horas. Saída dos grupos de música tradicional desde o Concello até os salóns do Lérez.
- 11.30 horas. Romaría popular na praia fluvial do Lérez.
- 11.45 horas. Actuación dos gaiteiros das Rías Baixas e Os Alegres.
- 12.00 horas. Degustación de empanada.
- 13.00 horas. Concerto da Banda de Música de Pontevedra, no adro do Mosteiro
- 17.00 horas. Actuación do grupo Pandeireteiras de Auturuxo Pequeno, nas beiras do Lérez.
- 22.00 horas. Verbena no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez. Orquestra Salsa Costa.
MEMORIAL RICARDO PORTELA
Sobre o Memorial Ricardo Portela, adicado este ano a Manuel Viqueira, cabe destacar a súa programación:
- Venres, 10 de xullo
- 17 a 21.30 horas. XIII Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais na praza da Ferraría
- 20.00 horas. Pasarrúas de Picuíña
- 21.00 horas. Actuación de Xistra de Coruxo, na Ferraría.
- Sábado, 11 de xullo
- 11.30 a 14 e de 17 a 21.30 horas. XIII Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais, na Ferraría
- 12.00 horas. Pasarrúas do grupo Contracocheno
- 19.30 horas. Pasarrúas dos grupos Gomes Mouro e Berros do Castro
- 21.00 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira na Ferraría
- 21.15 horas. Actuación do Coro Novo Aires da Terra, na Ferraría.
ORGULLO
Nesta fin de semana tamén se centran os actos do Orgullo LGTBI que serán o sábado:
- de 12 a 22 horas coa Free Love Party. Romería Urbana no Campiño de Santa María, con xantar no Quente e sesións durante toda a tarde con DJ`S.
- 22.00 horas. Polbada no PTV
- 00.00 horas. Festa no Karma