Un día despois de inaugurala, roubanlle a pluma a escultura da Monxa do Penedo
Por Redacción
O Concello de Cuntis presentou este luns pola mañá unha denuncia no cuartel da Garda Civil de Cuntis pola sustracción da pluma que sostiña na súa man dereita a escultura adicada á Monxa do Penedo.
A figura fora instalada nun terreo cedido pola Igrexa ao Concello de Cuntis o sábado día 6.
Ás poucas horas da súa colocación a figura xa non tiña esta pluma que era símbolo da súa faceta como escritora, a única escritora mística galega.
Descoñécense polo momento o autor o autores deste acto vandálico. O que sí se coñece e o valor da pluma substraida que xira arredor duns seiscentos euros.
O Concello xa está traballando para reponer unha nova.
O grupo de goberno en funcións ten claro que estes actos "non deben quedar impunes" e espera que se poida dar coa autoría dos feitos acontecidos na noite do sábado ao domingo pasado, así como ten claro tamén que "a estatua debe contar con este elemento".