A monxa do Penedo xa ten estatua de bronce e granito
Por Redacción
Numerosos veciños de Cuntis, con Antonio Pena, o alcalde en funcións á cabeza, asistiron ao acto de presentación da estatua da monxa María Antonia Pereira Andrade. A coñecida como a monxa do Penedo, lugar do seu nacemento en Fontecova, é un referente para os relixiosos da zona.
A figura elaborada en granito e bronce encóntrase instalada na rúa da Igrexa en honor á muller que introduciu a orde da Virxe do Carmen en Galicia e converteuse na única escritora mística galega recoñecida, segundo Antonio Pena.
Trátase da primeira estatua que se lle dedica a esta muller que se encontra en proceso de beatificación e os veciños agardan que, en breve, se converta en santa. Non en van, moitos eruditos considérana a Santa Teresa de Galicia.
Relacionadas:
-
A Monxa do Penedo contará de novo en Cuntis cun Congreso
Por Redacción |
-
Suspenden todos os actos previstos en Cuntis como homenaxe á Monxa do Penedo
Por Redacción |
-
Unha chamada anónima desvela o paradoiro da pluma da Monxa do Penedo
Por Redacción |
-
Un día despois de inaugurala, roubanlle a pluma a escultura da Monxa do Penedo
Por Redacción |