Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
30 toneladas de lixo cada día acumularanse nas rúas de Marín se o 11 de maio se inicia a folga indefinida que convocaron os traballadores de Urbaser, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo da vila. Así anunciárono representantes sindicais de CC.OO. e UGT durante a mañá deste xoves 30, despois de que non se avanzase na negociación do convenio colectivo tras meses de reunións e mesmo o pleno da corporación marinense chegou a aprobar unha moción o 17 de abril para que Urbaser cambiase a súa postura e buscase un acordo cos traballadores.
Polo momento, as solucións non chegan e o comité de empresa decidiu levar a cabo esta folga que a pesar de considerala "antipopular polos prexuízos que conleva" resulta, segundo Eusebio Justo de CC.OO., a única fórmula para mellorar as condicións do persoal.
O 5 de maio, a dirección e o comité manterán unha nova reunión na que os representantes sindicais alertan de que non van aceptar a folla de ruta que está a marcar Urbaser sen avances nas condicións salariais e laborais co obxectivo de intentar dilatar o proceso de negociación.
Eusebio Justo afirmou que "é a empresa máis conflitiva do Estado" e así o confirmou Carlos Corredoira, de UGT, en relación cos concellos de Ponte Caldelas e Vilaboa nos que non queren recoñecer os representantes sindicais como interlocutores para negociar. Por ese motivo iniciarán concentracións ante os Concellos reclamándolles que preman a empresa. En Redondela tamén se iniciará unha folga a partir do 19 de maio.
No caso de Marín, Eusebio Justo indicou que a empresa suma numerosos incumprimentos tanto cos traballadores como co Concello e aínda conta con dous anos de contrato. Por iso, anunciou que non descartan solicitar o rescate da concesión.
REUNIÓN O MARTES 5
Dende o concello de Marín comunicaron que a empresa Urbaser solicitou unha reunión para o martes día 5 ás 10.00 horas coa representación sindical "co obxectivo de avanzar no convenio colectivo entre ambas as dúas partes".
Dende o goberno local agradecen que se senten a negociar, apelando "á mesura e ao entendemento, que sen dúbida serán a mellor ferramenta para evitar un posible conflito".
Relacionadas:
-
Non haberá folga de lixos en Marín, Urbaser e traballadores asinan un acordo
Por Oskar Viéitez |
-
Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Urbaser e traballadores retomarán as negociacións cun mediador da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser Marín ven difícil evitar a folga de lixo e avisan "estaremos presentes na campaña"
Por Diego Espiño |
-
Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez |
-
Rotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser en Marín
Por Redacción |
-
Os sindicatos denuncian "incumprimentos" de Urbaser en Marín, Vilaboa e Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |