Marín ratifica a sanción de 180.000 euros a Urbaser por reiterados incumprimentos de contrato
Por Redacción
A corporación municipal de Marín decidiu, nun pleno extraordinario convocado este luns, desestimar o recurso de reposición presentado pola empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixos. Impuxéraselle unha multa coercitiva de 180.000 euros, por incorrer en dúas sancións moi graves por incumprimento de contrato.
O recurso foi rexeitado ter sido presentado fóra de prazo. A empresa tiña un mes para presentar as súas alegacións e non o fixo no tempo marcado. Todos os partidos políticos votaron a favor de non atender as queixas da concesionaria, salvo o BNG que se abstivo xa que cre que esta sanción non ofrece garantías de que o servizo vaia mellorar.
A multa á empresa Urbaser foi imposta o pasado 27 de maio. Entre as deficiencias detectadas, acúsase a concesionaria de non lavar os colectores con frecuencia, incumprimentos reiterados de non recoller os residuos dos colectores de reciclaxe ou non realizar a campaña informativa anual de motivación aos cidadáns.
A empresa tiña de prazo para recorrer ata o 2 de xullo. Non o fixo ata o día 9, polo que se rexeitan agora as súas pretensións. Para evitar a sanción, a Urbaser só quédalle acudir á vía do contencioso administrativo.