Rotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser en Marín
Por Redacción
Representantes dos traballadores e a xerencia de Urbaser romperon o proceso de negociación sobre o convenio colectivo despois de manter unha cuarta reunión durante este mércores 4.
Segundo o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.), a empresa incumprira o establecido na normativa laboral ao dilatar a comisión negociadora dous meses en lugar dun mes como marca o Estatuto dos Traballadores. E unha vez consituida a comisión negociadora, os representantes sindicais denuncian que Urbaser, a empresa encargada da recollida de residuos sólidos urbanos, se nega a levantar acta de cada reunión para evitar que quede constancia escrita das propostas de cada parte.
Ademais, segundo denuncian dende CC.OO., a empresa condiciona todo o proceso de negociación aos litixios que mantén co Concello de Marín, en relación ás condicións do contrato e debido a esta circunstancia, a xerencia de Urbaser pretende conxelar os conceptos económicos establecidos no convenio.
Ante a ruptura da negociación, o persoal de Urbaser Marín decidiu en asemblea rexeitar a intransixencia da empresa e iniciar un proceso de información e mobilización para abrir unha negociación que agora se encontra bloqueada. Ademais, a representación sindical anunciou que poñerá en coñecemento da alcaldesa María Ramallo, dos grupos políticos e da cidadanía de Marín esta situación.
Relacionadas:
-
Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Os sindicatos denuncian "incumprimentos" de Urbaser en Marín, Vilaboa e Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Marín ratifica a sanción de 180.000 euros a Urbaser por reiterados incumprimentos de contrato
Por Redacción |