CC.OO denuncia "graves problemas" de funcionamento nos servizos de radioloxía do CHOP
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras denunciou este martes o que consideran que son "graves problemas" de funcionamento dos servizos de radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Están relacionados, especialmente, coas "enormes demoras" na transmisión das imaxes aos monitores dos radiólogos e dos outros especialistas.
Estes problemas no servizo de radioloxía "nos últimos meses non fai más que empeorar", retrasando o traballo dos profesionais e a espera dos pacientes nas consultas, ás veces durante horas.
Todo isto, explican, sumado aos recortes a as privatizacións da sanidade pública, provocan "ineficiencia" pola falta de aproveitamento dos centros e o encarecemento da atención sanitaria.
A isto habería que engadir, sinalan desde a central sindical, a "desprotección dos datos dos pacientes e a falta de calidade do servizo", xa que a lentitude na transmisión dos estudios radiolóxicos "coincidiu no tempo coa decisión do goberno de Feijóo de xeneralizar o acceso á historia clínica electrónica (IANUS) a todos os hospitais privados da comunidade, teñan ou non concerto co Sergas".
Esta situación, recordan, non se dá á inversa polo que os profesionais do Sergas non poden acceder, pola contra, as historias clínicas da maioría destes centros privados.
Por iso, CC.OO esixe que o Servizo Galego de Saúde respecte a protección dos datos dos usuarios do sistema sanitario público.
Para elo, reclaman que se impida o acceso a IANUS aos centros privados sen concerto co Sergas e a firma dun consentimento informado por parte dos pacientes derivados aos centros privados, "que deben coñecer que a súa atención no centro concertado, vinculados a compañías aseguradoras, leva implícita a desprotección dos seus datos máis sensibles".
Relacionadas:
-
Denuncian a "pésima xestión" no servizos de Xinecoloxía do Hospital Provincial e nas Urxencias de Montecelo
Por Redacción |
-
José Manuel González: "Montecelo cada vez cumple menos condiciones de hospital de futuro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un total de 203 traballadores do CHOP denuncian ante o Xulgado ao equipo directivo
Por Oskar Viéitez |