José Manuel González: "Montecelo cada vez cumple menos condiciones de hospital de futuro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, non deixa ningunha dúbida sobre o seu posicionamento a favor da construción do novo hospital en Monte Carrasco e insiste, ademais, na necesidade de avanzar cara a esta infraestrutura porque as sedes actuais en Montecelo e o Hospital Provincial están esgotadas.
"Al final el tiempo pasa, el Provincial se va haciendo cada vez más viejo y el Hospital de Montecelo, aunque la gente lo vea muy limpito y muy pintadito, va teniendo también sus añitos y cada vez cumple menos condiciones de hospital moderno y de hospital de futuro", indicou este venres.
Fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas ao fío das realizadas esta semana pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nas que reprocha a falta de colaboración do Concello de Pontevedra para facer posible a nova infraestrutura sanitaria. José Manuel González considera que "la conselleira lo dijo bien claro" e asegura sen ningún disimulo: "Yo quiero que se haga un hospital nuevo".
Para chegar a ese novo edificio e facer realidade o enroncado proxecto de Monte Carrasco, considera que "hay que hacer lo que se hizo en otros sitios, en algunos casos a regañadientes", citando como exemplo Vigo. Non se trata doutra cousa, dixo, que de colaboración entre administracións.
"Las administraciones tienen que colaborar y el ayuntamiento tiene que poner los accesos y todos los servicios"
"Las administraciones tienen que colaborar y el ayuntamiento tiene que poner los accesos y todos los servicios", indicou ao respecto. E engadiu que "lo ha hecho el de Vigo, no sé por qué aquí no se puede hacer", ademais de asegurar que é "absurdo" o argumento municipal de que non se apoia este hospital porque terá xestión privada. "Esto no es un hospital privado", asegura.
A pesar da falta deste novo hospital, a atención sanitaria e hospitalaria en Pontevedra deixou no último ano unhas cifras que o xerente considera que son un exemplo e un modelo a seguir por outras áreas de xestión de Galicia. Así, deixou en 2014 as mellores cifras da comunidade en canto ás listas de espera cirúrxicas, as esperas para a primeira consulta ou as probas diagnósticas, tal e como xa acontecera no ano 2013.
Toda a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presenta os tempos de espera máis reducidos de todo o sistema sanitario público galego, o que se traduce en datos como os días de demora media para operarse sitúanse en 35 días cando a media de todo o Servizo Galego de Saúde é de 67,1 días. Para a primeira consulta en especialidades a espera media é de 27,9 días fronte aos 50,3 da media galega e para as probas diagnósticas hai que agardar menos que no resto de Galicia de media en todas as especialidades.
Pontevedra e O Salnés teñen os tempos de espera máis reducidos de Galicia para operacións e consultas
Estas cifras positivas son máis evidentes nalgunhas especialidades. No caso da espera para a actividade cirúrxica, as demoras máis baixas rexistráronse en Xinecoloxía (16,2 días), Oftalmoloxía (17,6 días) e Dermatoloxía (25,8 días) mentres que en primeiras consultas os menores tempos rexistráronse en Oncoloxía médica (0,5 días), Reumatoloxía (8,6 días) e,de novo, Xinecoloxía (10,9 días).
Os pacientes que acoden ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) para unha proba diagnóstica teñen que agardar menos de 25 días en 12 das 26 probas existentes, sendo os menores tempos de espera os de Ecografía obstétrica (0,1 días) , Electromiografía (1,6 días) e Estudo respiratorio (2 días).
Estes números son moito máis positivos que os xerais de Galicia, resultando especialmente chamativa a diferencia en probas coma o Estudo Dixestivo, que en Pontevedra supón esperar 17,3 días e a media galega é de 183,7. Destacan tamén os 28,4 días para unha Endoscopia dixestiva fronte aos 125,1 da media galega e os 1,6 días para unha Electromiografía, fronte aos 116,7 da media galega.
Relacionadas:
-
Os pacientes de Pontevedra e O Salnés, de novo os que menos agardan de Galicia para operarse e ir ao especialista
Por Redacción |
-
Lores apoia a manifestación de SOS Sanidade: "O Hospital de Monte Carrasco é un bluf"
Por Anxo Lourido |
-
CC.OO denuncia "graves problemas" de funcionamento nos servizos de radioloxía do CHOP
Por Redacción |
-
O PP asinará o convenio co Sergas para o hospital de Monte Carrasco se chega á Alcaldía
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública convoca unha nova manifestación contra os recortes sanitarios
Por Redacción |
-
Agustín Fernández invita á Xunta de Galicia a retomar as obras sanitarias en Pontevedra "agora que o Sergas é rico"
Por Redacción |
-
A espera media para operarse no CHOP e O Salnés é de 36,7 días
Por Redacción |
-
Pontevedra e O Salnés consolídanse como a área sanitaria galega con menos listas de espera
Por Redacción |
-
As listas de espera do CHOP son as máis baixas de Galicia por segundo trimestre consecutivo
Por Natalia Puga |