O CHOP recoñece que en outono houbo un "brote" de pseudomona, pero asegura que "está cerrado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) xa rematou a investigación interna aberta o outono pasado a raíz do falecemento de tres pacientes do servizo de Hematoloxía que tiñan infección pola bacteria pseudomona. Así o avanzou este venres o xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, se ben non quixo dar detalles do resultado do estudo.
González recoñeceu, por primeira vez, que en outono houbo un "brote" de pseudomona, cualificativo que ata agora ningunha fonte oficial utilizara para referirse aos falecementos. Este recoñecemento do xerente chega no mesmo momento no que asegura que ese brote "está cerrado".
Ao respecto, José Manuel González indicou que dende o mes de outubro "no hubo ningún caso más", polo tanto, "nosotros damos por cerrado el brote de pseudomona que hubo en aquel momento".
"En todos los casos, los profesionales han actuado con el máximo rigor, se han tomado todas las medidas antes y después de la infección"
En relación coa investigación interna, só avanzou que xa está concluída e "nosotros creemos que hemos cumplido todos los protocolos", pero non achegará máis detalles porque foi remitida á Fiscalía de Pontevedra dentro da investigación de oficio aberta polo fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, para determinar se houbo algún tipo de neglixencia na xestión sanitaria.
O xerente do CHOP non fará públicos máis detalles "por respeto al fiscal", xa que "debe ser él" quen tome as decisións e faga público o resultado da investigación, pero móstrase convencido de que "en todos los casos, los profesionales han actuado con el máximo rigor, se han tomado todas las medidas antes y después de la infección".
Segundo indicou nunha comparecencia pública este venres, en servizos con pacientes inmunodeprimidos como Hematoloxía "tomamos todas las medidas que hay que tomar para evitar ese tipo de infecciones" e hai protocolos moi estritos de limpeza e control, pero as infeccións por este tipo de bacterias son difíciles de evitar. "Si no fuesen inevitables este tipo de infecciones no serían un problema para la medicina mundial", indicou, tras recoñecer que "no es un tema banal".
Engadiu que en outono, en canto se detectou este problema, "se implementaron y se estrecharon aún mucho más" todas as medidas aplicadas, "se hicieron más estrictas".
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a investigación ao non detectar neglixencia nas mortes de pacientes por unha bacteria no CHOP
Por Redacción |
-
CC.OO denuncia "graves problemas" de funcionamento nos servizos de radioloxía do CHOP
Por Redacción |
-
A Fiscalía amplía a investigación polo brote de pseudomona no CHOP
Por Redacción |
-
O Defensor do Paciente abre a terceira investigación sobre as mortes de pacientes con pseudomona
Por Redacción |
-
Persoal do CHOP declara na Fiscalía na investigación sobre a pseudomona
Por Redacción |
-
A Fiscalía investiga de oficio as mortes en Montecelo a causa dunha bacteria
Por Redacción |
-
Investigan a morte de tres pacientes do CHOP por unha bacteria: "Tenemos un problema"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |