O vial dos Campos, en Monte Porreiro, será reparado e contará cunha senda peonil
Por Redacción
Un dos viais que sufría máis críticas por parte de usuarios e veciños, o dos Campos, será reformado nos próximos meses, segundo anunciou o concelleiro Miguel Filgueira. Este espazo situado entre o centro da UNED e a rotonda de Mourente sofre habitualmente inundacións que causaron danos en diversos vehículos.
Filgueira indicou que se resolverán os problemas que existen coas augas pluviais. Van construirse lombos para minorar a velocidade dos vehículos e beirarrúas, ademais dunha senda peonil entre a carballeira situada no último tramo. Apuntou que hai un propietario que non cede parte do seu terreo para acometer ben a obra pero que, en todo caso, se realizará un paseo con xabre e cemento ao estilo da do río dos Gafos. A obra conta cun presuposto de 200.000 euros.
O luns 16 iniciarase a demolición da antiga casa de mestres situado nas proximidades do colexio dos Campos debido ao seu estado ruinoso. O goberno local ten previsto rehabilitar a antiga escola, un edificio de pedra, para que sexa utilizado como centro social e cultural.
Construíuse tamén na zona un campo de petanca entre o edificio central do último colexio dos Campos e esa casa de mestres. A obra realizárona os veciños coa colaboración en material por parte do Concello, que ten previsto crear unha zona verde nese ámbito completándoo cun campo da chave.
Relacionadas:
-
Adxudican a EC Casas a mellora do acceso a Monte Porreiro por Os Campos
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Mourente demandan á Xunta melloras na estrada que enlaza con Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
Jacobo Moreira cualifica de "electoralista" o proxecto de reforma dos Campos, en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Condutores e veciños da Rúa dos Campos denuncian novas bolsas de auga na vía
Por Redacción |
-
Case 200.000 euros para mellorar a seguridad vial en Os Campos e no acceso á UNED
Por Alejandro Espiño |