Jacobo Moreira cualifica de "electoralista" o proxecto de reforma dos Campos, en Monte Porreiro
Por Redacción
O anuncio do goberno municipal de reforma no vial dos Campos, en Monte Porreiro, propiciou a crítica do voceiro local do Partido Popular, Jacobo Moreira.
Para Moreira este proxecto ten unha "marcada liña electorialista" ao realizarse a escasos 100 días das eleccións municipais e ao entender que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, "promete unha obra que rexeitou no seu día", cando en maio de 2013 o Pleno Municipal se opuxo a unha moción do PP que formulaba reformar o antigo colexio dos Campos para comvertirlo nun centro cultural destinado ás asociacións de Mourente e Monte Porreiro.
O temor para o candidato popular, segundo sinala nun comunicado, é que "volva acontecer o mesmo que hai catro anos cando, coincidindo coas eleccións de 2011, Lores se comprometeu a construír a nova canceira municipal e pasados os comicios o proyexto quedou en nada".
Moreira cita tamén proxectos como o Museo da Historia na praza Valentín García Escudero ou a reforma integral de Loureiro Crespo.
Nos Campos o Concello ten previsto investir 200.000 euros para resolver os problemas coas augas pluviais, construír beirarrúas e lombos para reducir a velocidade dos coches e crear unha senda peonil.
Relacionadas:
-
Adxudican a EC Casas a mellora do acceso a Monte Porreiro por Os Campos
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Mourente demandan á Xunta melloras na estrada que enlaza con Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
O vial dos Campos, en Monte Porreiro, será reparado e contará cunha senda peonil
Por Redacción |
-
Case 200.000 euros para mellorar a seguridad vial en Os Campos e no acceso á UNED
Por Alejandro Espiño |