O BNG de Marín critica a falta de diálogo da alcaldesa no expediente de caducidade de ENCE
Por Redacción
O concelleiro do BNG en Marín, Xosé María Vilaboa, denunciou as formas nas que ven de actúar a alcaldesa de Marín, María Ramallo, con respecto ao expediente público da caducidade da concesión outorgada a empresa pasteira de Ence.
Segundo os nacionalistas a pesar das solicitudes expresas de que convocase a todos os grupos municipais, a alcaldesa "obrou pola súa conta sen dar ningún tipo de explicacións", afirma Xosé María Vilaboa.
O BNG asegura que a alcaldesa deu a súa palabra de que convocaría aos portavoces de todos os grupos para analizar o expediente e os termos en que podería alegar o concello de Marín, "mais a señora Ramallo, pasando por riba da Corporación Municipal e desoíndo a nosa solicitude, non convocou aos grupos municipais e nin sequera se molestou en dar unha simple explicación de porque non se nos convocaba", afirma.
O edil do BNG cre que Ramallo "incumpre os mínimos esixibles nun sistema democrático".
SEN INFORMES TÿCNICOS NIN XURÍDICOS
Finalmente o Concello de Marín remitiu ao Ministerio de Medio Ambiente un escrito no que fai "consideracións" ao expediente, "sen telo sometido nin a informes técnicos nin xurídicos do Concello", informa o edil nacionalista.
O escrito asinado pola alcaldesa pide que a depuradora de Praceres "se poida legalizar unha vez que a sentenza deixa patente que a Xunta de Galicia edificouna incumprindo o título concesional da empresa pasteira", sinala o BNG.
"Unha vez máis queda ben claro a quen defende a alcaldesa do PP de Marín e o seu partido, mágoa que no amosasen a mesma dilixencia cando os veciños do litoral de Marín se enfrontaron coas multas do Ministerio e da Xunta por comerter o crime de facer as súas casas máis habitables", finaliza Xosé M. Vilaboa.
Relacionadas:
-
O PSOE reprocha ao Goberno que siga dilatando os prazos e vertendo incertezas sobre o futuro de ENCE
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra considera "esperanzador" a ampliación das causas de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
O Estado inclúe "posibles incumprimentos na redución da toxicidade" no expediente de caducidade de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
AGE denuncia que o PP manobra para manter Ence na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rueda entende a inquietude de ENCE por despexar a incerteza sobre o seu futuro
Por Oskar Viéitez |