O Estado inclúe "posibles incumprimentos na redución da toxicidade" no expediente de caducidade de ENCE
Por Oskar Viéitez
A Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, informou que a Xunta está a estudar o oficio do Ministerio de Medio Ambiente coa ampliación das causas de caducidade da concesión de Ence en Lourizán, incluíndo "posibles incumprimentos na redución da toxicidade".
Este oficio foi trasladado polo Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, ás partes interesadas no expediente de caducidade. ÿ dicir, á Xunta de Galicia, aos concellos de Pontevedra, Marín e Poio e á asociación Salvemos Pontevedra, autora do recurso formulado ante a Audiencia Nacional que ordenou ao Ministerio a incoar o proceso de caducidade da concesión.
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) acaba de solicitar a consideración de "parte interesada" no citado expediente.
Dende o Ministerio de Medio Ambiente considerouse necesario ampliar as causas de caducidade da concesión de Ence na ría de Pontevedra debido á situación das balsas de decantación agora supostamente en desuso, aspectos todos eles obxecto múltiples denuncias públicas e xudiciais.
En concreto o oficio do Ministerio recolle os "posibles incumprimentos en relación coa adopción de medidas para reducir a toxicidade das augas residuais ata os límites que permitan a vida do marisco e da pesca, e coa adopción das precaucións necesarias para evitar malos olores, fumes, po, gases tóxicos e cantas circunstancias poidan ser molestas para a veciñanza e nocivas para a saúde".
Relacionadas:
-
A ministra reserva a decisión sobre ENCE ata resolver o expediente de caducidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O BNG de Marín critica a falta de diálogo da alcaldesa no expediente de caducidade de ENCE
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra considera "esperanzador" a ampliación das causas de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Ence di que pagou 2,3 millóns en concepto de canon de saneamento nos últimos tres anos
Por Redacción |
-
Os socialistas urxen o traslado da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
Unha biorrefinería en Lourizán?
Por Oskar Viéitez |