AGE denuncia que o PP manobra para manter Ence na ría de Pontevedra
Por Redacción
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez denunciou este xoves na comisión do Parlamento que "o Partido Popular manobra nas sombras para manter Ence na ría de Pontevedra e non paran de dar pasos atrás. Queren consolidar a actual localización da factoría".
Entre os movementos do Partido Popular e das administracións nas que goberna, Sánchez mencionou a nova Lei de Costas do Estado, que dá a posibilidade a Ence de solicitar unha prórroga na concesión e retíralle á Xunta a última palabra.
No debate en comisión parlamentaria, o deputado do PP, Alejandro Gómez Alonso pretendeu pactar unha transacción á proposición non de lei rexistrada por AGE para retirar a expresión "garantindo o seu traslado efectivo en 2018".
Esa resolución instaba á Xunta e ao Concello de Pontevedra a redactar un instrumento de ordenación urbanístico para declarar de especial protección os terreos de Lourizán que ocupa Ence.
"Vostedes queren facer unha manobra máis para que non se traslade Ence, pero non o din ás claras", dixo o deputado nacionalista.
Alternativa Galega de Esquerda tamén reclamaba o cumprimento da legalidade e mais das sentenzas da Audiencia Nacional confirmada polo Tribunal Supremo respecto a incoación do expediente de caducidade da concesión e á "adopción de todas as medidas legalmente contempladas para a paralización das actividades e suspensión do uso e explotacións das instalacións".
Relacionadas:
-
O BNG de Marín critica a falta de diálogo da alcaldesa no expediente de caducidade de ENCE
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra considera "esperanzador" a ampliación das causas de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Unha biorrefinería en Lourizán?
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda entende a inquietude de ENCE por despexar a incerteza sobre o seu futuro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta endosa a responsabilidade sobre a prórroga de ENCE ao Goberno de Rajoy
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rueda asegura que Ence non marca os tempos das decisións que adopte a Xunta respecto ao seu futuro
Por Redacción |
-
Vía libre para que a Xunta emita o informe sobre a continuidade de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |