O persoal de Cleanet reclamará tres salarios pendentes diante do Ministerio de Defensa en Madrid
Por Redacción
As traballadoras da empersa Cleanet, concesionaria do servizo de limpeza das dependencias militares de Pontevedra deprazaranse a Madrid para levar as súas protestas ao Ministerio de Defensa. O persoal acordou este luns en asemblea secundar unha protesta á que tamén acudirán os traballadores da empresa en Ferrol e no País Vasco.
A protesta será a mediados de xaneiro e decidiron trasladarse ás portas do Ministerio logo de constatar que o ministro de Defensa, Pedro Morenés, "di que non ten nin idea do que pasa", segundo explicou Diana Rodríguez, de CIG-Servizos.
Segundo indicou Diana Rodríguez, as deputadas do BNG Olaia Fernández e Rosana Pérez presentaron preguntas parlamentarias no Congreso dos Deputados sobre a situación das traballadoras de Cleanet, que en Pontevedra suman un total de 34. Antes de que o debate se produza na Cámara, tiveron oportunidade de falar con Pedro Morenés e el trasladoulles que descoñece a situación laboral.
A protesta ten como obxectivo reclamar o pago dos tres salarios que lles adeuda a empresa. Con esa mesma finalidade, este lunes realizaron unha xornada de folga, a terceira dende que comezou o conflicto, e manifestáronse por distintas rúas da cidade e diante da Subdelegación do Goberno.
Na marcha participou arredor de medio cento de persoas, entre elas a totalidade do cadro de persoal que presta servizo nas dependencias da Brilat en Figueirido, da Escola Naval de Marín e da Residencia Militar e das Instalacións Deportivas de Campolongo.
Relacionadas:
-
Os conflitos laborais de Lantero e Cleanet chegan ao Parlamento Europeo
Por Redacción |
-
Os traballadores de Cleanet tampouco reciben a nómina de xaneiro e suman xa máis de 4 meses sen cobrar
Por Redacción |
-
Traballadoras de Cleanet celebran en Madrid a rescisión do contrato por parte de Defensa
Por Redacción |
-
Defensa inicia o procedemento de resolución de contrato coa empresa Cleanet
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG de Marín defenderá unha moción de apoio ás traballadoras de Cleanet
Por Redacción |
-
Os traballadores de Cleanet seguen sen cobrar tres nóminas e farán folga o luns
Por Redacción |
-
Beatriz Mato presionará a Defensa no conflito das traballadoras de Cleanet
Por Oskar Viéitez |
-
Protesta do personal de limpeza na Brilat coincidindo coa festividade militar
Por Redacción |
-
O persoal de Cleanet na Brilat e na Escola Naval secunda un paro dunha hora
Por Redacción |