Os bombeiros amosan a súa cara máis solidaria

Por Redacción
Todo tipo de alimentos e, sobre todo, xoguetes. Estes produtos encheron este sábado o ximnasio do Parque de Bombeiros de Pontevedra como resultado da xornada de portas abertas celebrada en beneficio da rede solidaria municipal Redeaxuda.
Os bombeiros recibieron entre as 10.00 a 15.00 horas a entre 300 e 350 persoas, segundo informaron dende o propio Corpo de Bombeiros de Pontevedra. Segundo indicaron, acudiron tanto nenos como adultos, cunha porcentaxe similar.
Na campaña, os Bombeiros e Redeaxuda solicitaban xoguetes e alimentos vinculados coa alimentación infantil ou cueiros tallas 3, 4 ou 5. Os asistentes ás xornadas responderon en especial con xoguetes, entre os que destacabn as bicicletas, as motos e mesmo un coche de bombeiros de xoguete.
Segundo indicaron os Bombeiros, as persoas que acudiron coñeceron como se organiza o parque, os equipos individuais dos profesionais de extinción de incendios e os seus vehículos. Ademais, participaron nunha exhibición de rescate en altura e unha excarceración dun ferido nun accidente. Para rematar, os máis pequenos puideron dar un paseo nun camión.
Xornada de portas abertas en beneficio de Redeaxuda no Parque de Bombeiros
Todo tipo de alimentos e, sobre todo, xoguetes. Estes produtos encheron este sábado o ximnasio do Parque de Bombeiros de Pontevedra
© Diego Torrado