Os bombeiros amosan a súa cara máis solidaria
Por Redacción
Todo tipo de alimentos e, sobre todo, xoguetes. Estes produtos encheron este sábado o ximnasio do Parque de Bombeiros de Pontevedra como resultado da xornada de portas abertas celebrada en beneficio da rede solidaria municipal Redeaxuda.
Os bombeiros recibieron entre as 10.00 a 15.00 horas a entre 300 e 350 persoas, segundo informaron dende o propio Corpo de Bombeiros de Pontevedra. Segundo indicaron, acudiron tanto nenos como adultos, cunha porcentaxe similar.
Na campaña, os Bombeiros e Redeaxuda solicitaban xoguetes e alimentos vinculados coa alimentación infantil ou cueiros tallas 3, 4 ou 5. Os asistentes ás xornadas responderon en especial con xoguetes, entre os que destacabn as bicicletas, as motos e mesmo un coche de bombeiros de xoguete.
Segundo indicaron os Bombeiros, as persoas que acudiron coñeceron como se organiza o parque, os equipos individuais dos profesionais de extinción de incendios e os seus vehículos. Ademais, participaron nunha exhibición de rescate en altura e unha excarceración dun ferido nun accidente. Para rematar, os máis pequenos puideron dar un paseo nun camión.