RedeAxuda crece e fai balance das súas últimas actividades
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As distintas entidades sociais que desenvolven o seu traballo en Pontevedra e que integran a RedeAxuda reuníronse este mércores nas dependencias da Casa Azul para facer un balance das actividades desenvolvidas durante o pasado Nadal.
Segundo informou a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, na reunión fixeron un valoración do programa posto en marcha para axudar ás familias que están en tramitación da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga). Tratouse de dar unha formación laboral e unha colaboración económica a través duns vales para canxear nos distintos supermercados.
Os integrantes da RedeAxuda celebraron o "éxito arrollador" da proposta Tira do Lazo, que conseguiu atender ás peticións que 300 cartas fixeron aos Reis Magos. "Ademáis os cómplices que se implicaron tiveron unha xenerosidade extrema", dixo Fouces. A edil valorou especialmente esta iniciativa porque "mantén a dignidade" dos nenos que reciben nas súas casas os regalos novos que lles traen Sus Majestades de Oriente.
No encontro tamén se sinalou o acerto que supuxo o cambio do Hostal Peregrino ao Hostal Santa Clara para o protocolo do frío, para aloxar as persoas que normalmente pasan a noite nas rúas da cidade.
Finalmente avanzouse na posta en común e o cruzamento de información entre as distintas bases de datos que manexan as asociacións e os servizos sociais para evitar algunhas duplicidades "e que ás mesmas familias non sexan perceptoras dos mesmos programas", co que estas accións poderán ter maior alcance e beneficiar a máis persoas.
A RedeAxuda deu tamén a benvida á asociación de veciños de Monte Porreiro que pasa a integrarse nesta iniciativa de ámbito social. Esta asociación foi a promotora do partido benéfico de Nadal no que permitiu comprar case tres toneladas de patacas que se repartiron entre as familias máis necesitadas.
OUTRAS INICIATIVAS
Ademais, na reunión deuse conta dos 6.000 quilos de alimentos, o dobre dos recollidos en 2013, que se recibiron por parte de diferentes entidades: Surfing the Lerez, carreira de Pintos, asociación de veciños Pontevedra Leste, Ximnasio Curves, persoal do Concello de Pontevedra, persoal de Cespa, Bombeiros de Pontevedra, asociación de Esgrima, Anpa do Conservatorio ou particulares).
En canto aos libros de texto, atendéronse 1.506 peticións e entregáronse 6.494 manuais ás familias que os solicitaron. Dando un valor de mercado de 25 euros aos libros de primaria, de 35 euros aos de secundaria e de 40 euros aos de bacharelato, o banco de libros logrou que as familias aforrasen 205.155 euros. Ademais, atendéronse o 85% das alertas colgadas na páxina de RedeAxuda, agás as de electrodomésticos grandes e ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Pontevedra e a Obra Social de la Caixa realizáronse do mes de decembro catro cursos de formación prelaboral.
Relacionadas:
-
Propoñen impulsar aínda máis a Casa Azul e convertela nun centro sociocomunitario do centro histórico
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os bombeiros amosan a súa cara máis solidaria
Por Redacción |
-
Goles solidarios no Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño |
-
Comezan a chegar aportacións á RedeAxuda con motivo da campaña do Nadal
Por Redacción |