Respaldo de Costas á consolidación dos núcleos do litoral de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Aguete, Loira, Teoira e Casás incluiranse na lei de Costas de 2013, solucionando así a incerteza dos habitantes destes núcleos, que vían como as súas vivendas atopábanse nunha área protexida ao estar a menos de 100 metros da costa.
Segundo informa o Concello de Marín, esta semana recibiuse en dependencias municipais un informe da Dirección Xeral de Costas avalando a formulación do goberno local, que esixía a redución da área de protección do litoral que afectaba a estes catro núcleos, ao non poder ser incluídos no Plan Xeral de Ordenación Municipal que si solucionou a situación de Mogor e parte de Aguete e Loira.
Agora Costas recoñece que Casás, Loira, Aguete e Teoira cumpren "co grado de consolidación esixido para aquelas áreas que non contaban con servizos urbanísticos á entrada en vigor da Lei 22/1988", polo que debe aplicarse unha das excepcións previstas no texto.
Desta forma redúcese a liña de servidume de protección dos 100 aos 20 metros, pechando unha situación que se prolongou durante anos.
Para aclarar os pormenores do informe recibido polo Concello convocouse para o vindeiro martes 16 ás 16:30 horas unha reunión da Comisión do Litoral, á que acudirán os voceiros dos tres grupos municipais, representantes das plataformas de afectados e responsables de Costas do Estado e Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Paso definitivo para consolidar os núcleos do litoral de Marín
Por Redacción |
-
Os veciños dos núcleos do litoral de Marín están a recibir notificacións de apercibemento de derrubo
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas cualifican como "grave tomadura de pelo" a situación legal dos núcleos do litoral
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez: "Marín foi o concello que mellor soubo xestionar a situación dos núcleos do litoral"
Por Natalia Puga |
-
Concello de Marín e Xunta acordan pedir a Costas a rebaixa da servidume en Casás, Teoira e parte de Loira e Aguete
Por Redacción |