Os socialistas cualifican como "grave tomadura de pelo" a situación legal dos núcleos do litoral
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A sede provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra acolleu este luns unha reunión de alcaldes e voceiros municipais do Partido Socialista cos deputados e senadores, para falar da aplicación da Lei de Costas de maio do 2013 que cualificaron como unha "grave tomadura de pelo".
Entre os asistentes encontrábanse Guillermo Meijón, Carmen Gallego, Miguel Fidalgo e José Antonio Sánchez Bugallo que actuou como voceiro ante os medios de comunicación para informar do contido do encontro.
Os socialistas criticaron que a reforma da Lei de Costas "só serviu" para arranxar as situación de moitos ingleses e alemáns que compraron vivendas na costa, ou regularizar a situación de Ence na ría de Pontevedra, Petronor na ría de Bilbao ou a factoría de Repsol en Tarragona, "pero deixou sen resolver a demanda histórica de Galicia" para o recoñecemento dos núcleos rurais que poboan a zona de servidume do seu litoral.
Sánchez Bugallo sinalou que aínda que o goberno do pontevedrés Mariano Rajoy se comprometera a rebaixar a liña de protección a vinte metros "non se atenderon a gran maioría das peticións formuladas polos concellos" ao non superar estas aldeas tradicionais algún dos requisitos esixidos polo Estado como a porcentaxe de edificación.
"O que se vendeu coa Lei de Costas ao conxunto de Galicia é unha auténtica mentira", afirmou Bugallo.
En Galicia están afectados 146 pobos marítimos, cunhas 12.500 vivendas anteriores a esa norma (do ano 1988) algo máis do 40% dos núcleos tradicionais de toda España e deles a maior parte (87) na provincia de Pontevedra.
Entre os concellos que recibiron a resposta negativa por parte do Ministerio de Medio Ambiente encóntrase O Grove (con 12 núcleos costeiros), A Illa de Arousa (5) e Vilanova (5), e esperando resposta están outros como Sanxenxo (8 núcleos) e Poio (onde Costas rexeitou ampliar o de Raxó).
Máis difícil preséntase a situación no concello de Vilaboa xa que carece de PXOM e non cumpre os requisitos en canto ao seu grao de consolidación ou existencia de servizos públicos cando se aprobou a lei (1988).
Pola súa banda no caso do Concello da Illa de Arousa o goberno local vai interpoñer un recurso contencioso administrativo contra a Dirección Xeral de Costas por non ter en conta as súas alegacións.
Relacionadas:
-
Chaman aos veciños de Vilaboa a que traian as súas potas, bombos, chifres,... "e que nos escoiten nos xulgados"
Por Redacción |
-
Postemirón e A Graña reclaman a urxente tramitación do Plan Xeral para legalizar as súas casas
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e o Concello de Sanxenxo reúnense para avanzar na regularización dos núcleos do litoral
Por Redacción |
-
Técnicos autonómicos asesorarán ao Concello de Vilaboa na regularización dos núcleos costeiros
Por Redacción |
-
Os veciños de Postemirón claman contra o desafiuzamento dunha familia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ethel Vázquez: "Marín foi o concello que mellor soubo xestionar a situación dos núcleos do litoral"
Por Natalia Puga |
-
Respaldo de Costas á consolidación dos núcleos do litoral de Marín
Por Redacción |
-
Sanxenxo delimita nove núcleos nos que a servidume de protección estaría a 20 metros
Por Redacción |