Concello de Marín e Xunta acordan pedir a Costas a rebaixa da servidume en Casás, Teoira e parte de Loira e Aguete
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Marín xa está en vigor e agora o obxectivo é resolver a rebaixa da servidume de protección dos núcleos. Por este motivo, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, participou nunha reunión coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, técnicos do Concello, voceiros dos grupos municipais e veciños afectados para avanzar na aplicación da Lei de Protección del Litoral de Costas que entrou en vigor o 31 de maio.
Na reunión coordinouse a tramitación do documento que se está a elaborar polo Concello para acreditar ante Costas a consolidación de 2/3 que xa tiñan no ano 88 os núcleos que non conseguiron a rebaixa da servidume de protección de 100 a 20 metros a través do PXOM que está vixente dende xuño de 2012. O problema afecta ás poboacións de Casás, Teoira e parte de Loira e Aguete.
O documento será entregado no concello a finais de xullo, un mes antes de que finalice o prazo de 3 meses para solicitar a rebaixa de servidume dos núcleos.