Uns furtivos afunden o seu propio barco en Carril ante a presenza do servizo de Gardacostas
Por Redacción
O servizo de Gardacostas incautou unha embarcación e máis de 280 quilos de ameixa nun operativo en Carril, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
A Xunta informou que requisou unha embarcación por non ter documentación e que, no seu interior, había unha persoa con antecedentes por marisqueo ilegal.
Portaba camarón e diversos aparellos, pero foron botados ao mar polos ocupantes do barco. Ademais, segundo o Goberno galego, "perforaron a embarcación para afundila, obstruíndo o labor de inspección dos axentes".
Preto deste barco, tamén se encontrou unha cesta con 23 quilos de ameixa xapónica e fina; mentres que, nun furgón da confraría de Carril, se acharon 264 quilos de ameixa babosa de talle antirreglamentaria.
Relacionadas:
-
Identifican un furtivo que 'andaba á navalla' en Raxó
Por Redacción |
-
Denuncian o uso inaxeitado de embarcacións de Gardacostas para tarefas de inspección
Por Redacción |
-
O PSOE reclama axudas para as mariscadoras de Pontevedra, Praceres e Raxó pola marea vermella
Por Redacción |
-
Como rematar co furtivismo: "Se non hai quen compre, non hai quen roube"
Por Redacción |
-
Identifican 51 furtivos na Ría de Arousa
Por Redacción |