Incautan media tonelada de vieira nun control da Garda Civil na AP-9
Por Redacción
480 quilogramos de vieiras en 15 sacos de malla. ÿ o botín co que axentes da Garda Civil pillaron a M.S.B.R., de 33 anos de idade e veciño de Ribeira (A Coruña). Acúsaselle de cometer un delito de comercialización ilegal de marisco.
Foi nun control de seguridade realizado polo Grupo Rural de Seguridade número 7 da Garda Civil no km 110 da AP-9, ao seu paso por Caldas de Reis. Tras deter un vehículo marca Nissan Patrol, que circulaba en sentido A Coruña, os axentes atoparon o marisco incautado, do que o detido non puido xustificar a súa procedencia nin que pasase o correspondente control sanitario.
O marisco incautado, que será analizado para determinar se estaba en posesión de toxinas, foi devolto ao mar por axentes do Servizo de Garda Costas dependentes da Xunta de Galicia, que tamén se fixeron cargo do vehículo incautado.
O detido, ao que lle figuran antecedentes polo mesmo delito, será posto a disposición xudicial do Xulgado número 2 de Caldas de Reis.