'Pillan' un furtivo descargando centola e nécora en veda e vieira con toxina en Cambados
Por Natalia Puga
A Garda Civil de Pontevedra interveu o mércores 13 de marzo 177 quilos de vieira, cinco de nécora e un de centola e imputuo dúas persoas por delitos contra a saúde pública no marco das actuacións realizadas para a erradicación do furtivismo de produtos pesqueiros na provincia
Os feitos sucederon cando unha patrulla do posto de Cambados sorprendeu no peirao de Tragove a descarga dunha lancha a un vehículo Citroën Berlingo que logrou ser interceptado cando intentaba abandonar a zona portuaria. O vehículo, conducido por A.L.A., de 33 anos de idade e veciño de Cambados, transportaba no seu interior oito cestos de vieiras e outro cunha malla de nécoras e dúas centolas
Ante a falta da correspondente autorización administrativa para a extracción de marisco, procedeuse á incautación deste así como do vehículo e a lancha empregada, que fora devolta ao mar en presenza da Garda Civil. Ademais, o Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia devolveu ao mar o marisco agás os espécimes de mostra para a súa análise.
Esa mesma mañá produciuse a segunda imputación cando se presentou no cuartel o veciño de Vilanova de Arousa M.V.C., de 35 anos, manifestando ser o condutor da lancha. Ao igual que o Berlingo, resultou ser da súa propiedade e comprobouse carecía de autorización para o marisqueo.
Contra os dous 'fichados' tramitouse unha denuncia por unha infracción administrativa ante a Consellería de Pesca de la Xunta de Galicia por pesca en época de veda e carecendo dos permisos necesarios.
Ademais, a análise de toxicidade realizada ás vieiras deu opositivo, de modo que lles imputou por un delito contra a saúde pública polo que deberán comparecer ante o Xulgado de Instrución número 1 de Cambados.
Relacionadas:
-
Frustran a chegada ao mercado de mil quilos de marisco furtivo en Arousa e Pontevedra
Por Redacción |
-
Os Gardacostas requisan dúas embarcacións en Arousa en operativos contra o furtivismo
Por Redacción |
-
Requisan 584 quilos de peixe e marisco aos furtivos
Por Redacción |
-
Incautan media tonelada de vieira nun control da Garda Civil na AP-9
Por Redacción |
-
Incautan medio quilo de heroína e 50 quilos de vieiras con toxina na Autovía de O Salnés
Por Redacción |