Descobren en Sanxenxo empresarios e particulares chupóns conectados ilegalmente á iluminación pública
Por Redacción
A Concellaría de Medio Ambiente requirirá tanto veciños coma responsables de negocios a inmediata desconexión das súas liñas de subministración de enerxía eléctrica da iluminación pública.
E é que durante o estudo realizado polos técnicos da Administración local para a elaboración do prego de prescricións técnicas correspondente á segunda fase do plan de aforro enerxético se detectou a existencia de irregularidades cometidas por parte de particulares, ao empregar a instalación pública para obter electricidade para as súas propiedades.
"Isto é algo inaudito", comentou o edil delegado desta área, José Luis Rodríguez, quen explicou que se trata de "un acto totalmente prohibido que imos perseguir xa que supón unha estafa ao conxunto da cidadanía".
Relacionadas:
-
Condenado a pagar 3 euros ao Concello por roubar electricidade dun farol
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo dispón dun punto de luz por cada 2,5 habitantes empadroados
Por Redacción |
-
Máis de 178.000 euros para repoñer material eléctrico estragado polos vándalos no Parque empresarial de Nantes
Por Redacción |