Condenado a pagar 3 euros ao Concello por roubar electricidade dun farol
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O voceiro do goberno local, Raimundo González, deu conta este martes dunha curiosa sentenza.
O xuiz condena a pagar 3 euros ao Concello a un veciño da rúa Alemaña no barrio de Monteporreiro por "distraer enerxía da iluminación pública".
A través dun empalme que realizou conectando a súa caravana-vivenda a un farol estaba a servirse electricidade, que lle permitía ter luz e aparatos varios en funcionamento.
Neste xuízo o Concello presentouse como acusación particular.
A sentenza condena este veciño como autor dunha falta de defraudación de electricidade á pena de multa dun mes cunha cota diaria de 4 euros.