Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?

Por Oskar Viéitez

CC BY-NC-SA PontevedraViva

CC BY-NC-SA PontevedraViva
Se aparecesen restos arquelóxicos de alto interese na rúa Santa Clara, sería unha boa ou unha mala noticia?. A pregunta formulouna en rolda de prensa o concelleiro de Urbanismo, o tenente de alcalde, Antón Louro, que compareceu para anunciar o reinicio dos traballos na rúa Santa Clara.
A xunta de goberno local aprobou este luns un presuposto complementario para levar adiante os traballos derivados da aparición de restos arqueolóxicos na rúa Santa Clara onde se está a acometer unha actuación integral. Esta obra foi adxudicada á empresa Stradia (antes Eiriña) que xa estaba a acometer a reforma. O importe é de 55.452,61 euros.
"Cumprimos así co compromiso alcanzado cos veciños e comerciantes de adxudicar isto coa máxima celeridade posible", dixo Louro, adxudicáronse as obras unha vez que a modificación de crédito entrou en vigor, sinalou o edil, que dixo ser consciente de que este tipo de asuntos "choca con certa preocupación con certa ansiedade nos veciños, particularmente os que teñen negocios e ven a súa actividade reducida ou dificultada", como consecuencia das obras.
A reforma se iniciaron a semana pasada na Praza de José Martí.
O plan de obras pasa por:
- Reasfaltar o primeiro tramo entre o cruzamento de Santa Clara e a rúa Alvaro Cunqueiro. Xa que o primeiro asfaltado se fixo a prinicipios de ano en condicións meteorolóxicas adversas e o aglomerado asfáltico non fraguou correctamente creándose fochas.
- Este luns instalouse un by-pass para a condución provisional da auga (con corte incluído) fronte ao Hiper Froiz.
- Ademais estase a instalar unha pasarela (de 60 metros de lonxitude e 2 metros de ancho) para dar acceso a portais, comercios e garaxes.
- Nos próximos días levantarase todo o pavimento por medios mecánicos nunha superficie de 400 metros cadrados (ata unha profundidade de metro e medio). A partir de aí os arqueólogos da empresa Citania realizarán os estudos oportunos.
Antón Louro sinalou que esta reforma "non é unha obra calquera, ten singularidades" e quixo actuar con cautela á hora de pronunciarse sobre os prazos desta actuación, porque "imaxínense vostedes que aparecesen restos históricos de alto valor".
Relacionadas:
-
Os arqueólogos localizan a porta de 'Rocha forte' na rúa Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
Avance nas obras de Santa Clara co inicio das escavacións arqueolóxicas
Por Diego Espiño |
-
Críticas do PP local á xestión das obras de Santa Clara e o cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota
Por Redacción |
-
Louro confía "plenamente" en que "antes do Nadal" as obras de Santa Clara estean executadas
Por Redacción |
-
Os comerciantes de Santa Clara protestan polo atraso da reforma da rúa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comerciantes de Santa Clara solicitan unha reunión con Louro para pedirlle que se axilicen as obras
Por Redacción |
-
As obras en Santa Clara sufrirán un atraso de dúas semanas pola aparición de restos do Camiño de Castela
Por Redacción |
-
Escavarán parte de Santa Clara ante a aparición dos últimos achados arqueolóxicos
Por Redacción |
-
Piden a Patrimonio que defina os criterios sobre as obras que deben solicitar a súa autorización
Por Redacción |