Os comerciantes de Santa Clara protestan polo atraso da reforma da rúa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Aos veciños e comerciantes de Santa Clara esgotóuselles a paciencia ante a paralización e o atraso das obras de reforma da rúa.
Este xoves convocaron os medios de comunicación para trasladar o seu malestar e lamentar a falta de resposta municipal ás súas queixas tras solicitar unha reunión co concelleiro de urbanismo, Antón Louro. A entrevista foi pedida a través de AEMPE o pasado día 8 de setembro "e non tivo a ben de contestar", criticaron.
Estes residentes asumen que calquera obra leva consigo unha serie de molestias pero reprochan o "incumplimeinto sistemático" das previsións iniciais, que apuntaban a nove ou dez meses de duración dos traballos dende que estes arrancaron en setembro de 2013. A día de hoxe a obra esta paralizada, pendente da realización dun estudo arqueolóxico tras descubrirse unhas lousas que poderían pertencer ao antigo Camiño de Castela.
Entre outros prexuízos o voceiro Sebastián Filgueira enumerou que "os veciños non poden entrar nas súas vivendas nin os clientes nas tendas coa lóxica perda de vendas". "Estamos en anos malos, xa perdemos a campaña de verán, que polo menos poidamos salvar a de Nadal", lamentou.
Outra das voceiras, Begoña Vázquez, indicou que as chuvias destes días volveron provocar inundacións en dous garaxes da zona. Entre outros obxectivos a obra ten previsto separar a canalización de augas pluviais e fecais.
Sinalan que "ademáis hai un problema grave de suciedade", empeorado coas chuvias que converteron a calzada nunha lameira chea de fochas.
Outra denuncia é a falta de sinalización vial que "provoca que os condutores non saiban a dirección da rúa e se circule nas dúas direccións".
Na parte xa reformada, ao existir unha plataforma única que non delimita a beirarrúa e a calzada "os coches aparcan ante as portas dos comercios ou das casas pasando por enriba da beirarrúa", ou mesmo multas por parte da Policía Local por colocar macetas á entrada das tendas.
Estes afectados esperan unha pronta solución as súas queixas.
Relacionadas:
-
Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller sofre feridas leves ao desprezarse unha estrutura metálica das obras de Santa Clara
Por Redacción |
-
Louro confía "plenamente" en que "antes do Nadal" as obras de Santa Clara estean executadas
Por Redacción |
-
Comerciantes de Santa Clara solicitan unha reunión con Louro para pedirlle que se axilicen as obras
Por Redacción |
-
As obras en Santa Clara sufrirán un atraso de dúas semanas pola aparición de restos do Camiño de Castela
Por Redacción |
-
Escavarán parte de Santa Clara ante a aparición dos últimos achados arqueolóxicos
Por Redacción |
-
Patrimonio avaliará a importancia de dous enlousados pétreos aparecidos nas obras de Santa Clara
Por Redacción |