Críticas do PP local á xestión das obras de Santa Clara e o cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota

Por Redacción
A xestión das obras na rúa Santa Clara e o novo cambio de pavimento previsto no cruzamento entre as rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota e Cobián Roffignac provocaron de novo as críticas do grupo municipal do Partido Popular.
O concelleiro do PP Ricardo Aguilar compareceu ante os medios de comunicación para pedir ao goberno bipartito "que dejen de discutir y se centren en acabar las obras bien" antes das próximas eleccións municipais.
No caso de Santa Clara, Aguilar citou expresamente o tenente de alcalde, Antón Louro, por "iniciar las obras sin permiso de Patrimonio", en relación ao atraso provocado pola escavación arqueolóxica na zona.
Ademais o edil popular valorou como "el colmo de todo que el inicio de la obra vaya a ser reparado por estar mal hecho".
Por outra parte en relación ao cruzamento de Benito Corbal o popular esixiu celeridade no cambio de pavimentación anunciado polo Concello.
Relacionadas:
-
Avance nas obras de Santa Clara co inicio das escavacións arqueolóxicas
Por Diego Espiño |
-
Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?
Por Oskar Viéitez |
-
Louro confía "plenamente" en que "antes do Nadal" as obras de Santa Clara estean executadas
Por Redacción |
-
Moreira pide "pactar unha solución" para o cruzamento entre Benito Corbal e Daniel de la Sota
Por Redacción |
-
Bará asume o "erro" do pavimento do cruzamento entre Benito Corbal e Daniel de la Sota
Por Alejandro Espiño |