Acordo no conflito laboral do Hotel Galatea, que finalmente despedirá a 16 traballadores
Por Redacción
A dirección do Hotel Galatea chegou a un acordo coa representación dos traballadores en relación ao conflito laboral que se mantiña aberto despois de anunciar a empresa a súa intención de aplicar Expediente de Regulación de Emprego para os seus 24 empregados.
Finalmente os despedimentos redúcense a 16 traballadores, segundo explicou Diana Rodríguez, representante da Federación de Servizos de CIG, que percibirán unha indemnización de 33 días por ano traballado cun límite de 12 mensualidades.
Ao resto do persoal, oito asalariados, aplicaráselle unha suspensión temporal de contrato pasando a ser traballadores fixos-discontinuos, coa obriga de polo menos seis meses de ocupación ao ano.
Desta forma estes empregados volverán aos seus postos o día 1 de maio, co compromiso de que se se producen despedimentos nos próximos cinco anos se lles respectará a antigüidade e a categoría dun indefinido.
Ademais en caso de producirse un incremento na carga de traballo que provoque novas contratacións, os despedidos terán preferencia á hora de ocupar estas vacantes.
Relacionadas:
-
CC.OO reclamará á Inspección de Traballo que prosperen as denuncias contra o propietario do Hotel Galatea
Por Redacción |
-
CC.OO. pide á Inspección de Traballo que evite o boicot da folga prevista no Hotel Galatea
Por Redacción |
-
Os traballadores do Hotel Galatea denuncian coaccións por parte do propietario e convocan unha folga
Por Redacción |
-
Denuncian que o propietario do Hotel Galatea quere despedir os seus 24 traballadores como represalia
Por Redacción |