CC.OO reclamará á Inspección de Traballo que prosperen as denuncias contra o propietario do Hotel Galatea
Por Redacción
A marcha de 16 traballadores do Hotel Spa Galatea tras a negociación dun ERE non foi suficiente para resolver o enfrontamento entre os representantes sindicais e o propietario da empresa, José Luis Prieto.
O empresario realizou unha manifestacións nas que acusaba os traballadores e representantes do persoal de terlle insultado e ameazado durante a negociación do ERE. Os ex traballadores rexeitan estas acusacións e entenden que Prieto non está a actuar de boa fe polo que teñen previsto trasladar á Inspección de Traballo a súa intención de que prosperen as denuncias presentadas ao longo das últimas semanas.
Nunha delas acúsase o empresario de non ter tido en conta os representantes sindicais para as negociacións, tal e como establece a lei. Na outra, denuncian a intención de vulnerar o dereito de folga cando os traballadores decidiron convocar un paro de tres días e a empresa, segundo indicou o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, realizou contratacións ilegais de empregados para intentar cubrir as xornadas de folga. As consecuencias destas sancións, de prosperar, serían económicas.
Relacionadas:
-
Acordo no conflito laboral do Hotel Galatea, que finalmente despedirá a 16 traballadores
Por Redacción |
-
CC.OO. pide á Inspección de Traballo que evite o boicot da folga prevista no Hotel Galatea
Por Redacción |
-
Os traballadores do Hotel Galatea denuncian coaccións por parte do propietario e convocan unha folga
Por Redacción |