Xulgan un viaxante pontevedrés por quedar co diñeiro dos seus clientes e da súa empresa
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra sinalou para o xoves, día 16, un xuízo por apropiación indebida. O fiscal pide dous anos de prisión e multa de nove meses a razón de 10 euros diarios, para un viaxante ao que se acusa de quedar co importe de tres facturas cobradas aos clientes, ademais de non devolver ou pagar material eléctrico que se levara da empresa.
O fiscal pide que devolva á empresa os 2.227 euros dos que se apropiou. O caso procede do Xulgado de Instrución número un de Pontevedra.
Para ese mesmo día e na mesma Sección Cuarta, un marinense será xulgado por un delito de lesións. O fiscal solicita tres anos e tres meses de prisión para este home ao que se lle acusa de ter pegado e encerrado nun cuarto ao seu compañeiro de piso co que discutía por unha débeda.
CONTRA A SAÿDE PÿBLICA
Ademais, para o martes está sinalada na Sección Cuarta a vista contra tres acusados por un delito contra a saúde pública.
A Policía detivo dous deles nunha peaxe da autoestrada A9 o 28 de xuño de 2012 con 217 gramos de cocaína que lles fora entregada presuntamente polo terceiro acusado. O fiscal pide para cada un deles cinco anos de cárcere.