Esdemga busca modelos para o desfile co que celebrará os seus dez anos de historia
Por Redacción
O día para o que levan traballando moitos meses, o momento de amosar ao mundo o seu auténtico potencial como deseñadores, iso é o que simboliza para o alumnado dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) o desfile Debut, "a súa festa de fin de estudos", como a define a súa directora, Lola Dopico.
O Pazo de Congresos será de novo o escenario dunha cita que nos últimos anos logrou reunir a preto de 1.800 persoas.
A próxima semana, Esdemga iniciará a selección de modelos para a oitava edición deste desfile, que terá lugar o xoves 27 de novembro e que neste 2014, ademais de para amosar as coleccións que os futuros titulados deseñaron como proxecto de fin de estudos, servirá tamén para celebrar o décimo aniversario da titulación.
En horario de 11.00 a 14.00 horas de luns a venres e de 16.00 a 18.00 horas os luns, os despachos destes estudos, que se imparten na Facultade de Belas Artes, permanecerán abertos a todas aquelas persoas que queiran inscribirse, ás que se lles tomarán as medidas e se lles farán unhas fotos, para, días máis tarde, comunicarlles se entraron ou non na selección final. Non en van, isto dependerá moito das necesidades de cada colección.
Relacionadas:
-
Debut 2014, moito máis que un desfile para unha Esdemga que celebra o seu décimo aniversario
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A pontevedresa Sheila Pazos, premio 'Xuventude Crea' na modalidade de moda
Por Redacción |
-
Esdemga faise un oco na final dun concurso estatal de escolas de moda
Por Redacción |
-
A Esdemga participa cun grupo de alumnas e tituladas nunha competición nacional de escolas de moda
Por Oskar Viéitez |
-
A Madrid Fashion Week máis pontevedresa: catro alumnos da Esdemga brillan con luz propia
Por Redacción |
-
A Lady Gaga gústalle a Esdemga: unha das súas alumnas vestirá a artista no seu próximo videoclip
Por Redacción |
-
De Esdemga á pasarela de novos talentos da Fashion Week Madrid
Por Redacción |
-
Debut 2013: Esdemga volve sorprender coas frescas e innovadoras propostas dos seus alumnos
Por Redacción & Diego Torrado |