A Audiencia exime o administrador dunha empresa de pagar a taxa xudicial para interpoñer un recurso
Por Oskar Viéitez
A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou dúas resolucións polas que estima a reclamación interposta polo administrador dunha empresa en concurso e exímelle de pagar a taxa xudicial para poder recorrer unha sentenza pola que se cualificou un proceso concursal como culpable.
Nesa sentenza se lle condenaba como administrador da sociedade concursada á inhabilitación para administrar bens alleos por 10 anos e obrigáballe a pagar 615.382 euros por danos e prexuízos causados e a pagar aos acredores concursais o importe dos créditos que non perciban na liquidación da masa activa.
O Tribunal entende que é necesaria a "proporcionalidade na contía da taxa" en relación á capacidade de poder pagala e ás circunstancias de cada caso, entre outras cuestións. Por iso, considera inaplicable a taxa de 2.800 euros imposta a este empresario para interpoñer o recurso en atención aos seus ingresos e circunstancias persoais e patrimoniais.
Ademais, os maxistrados entenden que a interpretación que leva a esixir o pagamento da taxa "non é a única posible, senón que existen outras posibilidades máis respectuosas co dereito fundamental e que non violentan a norma legal".
Por iso, estimaron a reclamación do empresario e admitiron a trámite o recurso de apelación interposto, aínda que aclararon que esta interpretación "responde ás concretas circunstancias deste caso e se xustifica precisamente por estas, sen vocación generalizadora".
Relacionadas:
-
Os avogados pontevedreses sairán á rúa contra Gallardón e en defensa da quenda de oficio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Manuel Almenar regresa a Pontevedra: "as taxas dificultan o acceso á Xustiza"
Por Natalia Puga |
-
"Confiamos en que el Constitucional tumbe la Ley de Tasas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os avogados chaman a concentrarse contra a Lei de Taxas, que os pontevedreses notan "día a día"
Por Redacción |